mércores, 31 de maio de 2017
mércores, 24 de maio de 2017
INFORMACIÓN EN PEQUENAS DOSES
Ás veces moita información xunta pode chegar a saturarnos, por iso vos deixamos aquí estas INFOGRAFÍAS que fixemos con datos procedentes das nosas enquisas e investigacións. Agardamos que vos gusten e vos sexan de utilidade!
martes, 23 de maio de 2017
LISTO PARA ENVIAR!
Aquí temos xa preparado o paquete cos móbiles usados, esta semana sairá cara o seu destino. Finalmente conseguimos xuntar case 60 teléfonos. Grazas a tod@s!
xoves, 18 de maio de 2017
PRESENTANDO O NOSO PROXECTO AOS COMPAÑEIR@S
Estas son algunhas fotografías das presentacións que fixemos aos nosos compañeiros, explicando os resultados das enquisas de hábitos de consumo nas que participaron, e a importancia de facer un consumo responsable e consciente de novas tecnoloxías, e amosándolles tamén os materiais que poden atopar neste blog. Grazas pola vosa boa acollida e atención!
martes, 16 de maio de 2017
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MÓBILES USADOS
Grazas a todos pola vosa participación na campaña de recollida de móbiles usados, nos próximos días enviarémolos para a súa reciclaxe, seguiremos informando, polo de agora aquí deixamos unhas imaxes da campaña.
sábado, 13 de maio de 2017
DÍA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto, a súa celebración vense realizando dende o ano 2001, lévanse a cabo eventos en todo o mundo para reivindicar un modelo de comercio internacional xusto, equitativo e baseado no respecto aos dereitos de todas as persoas, produtoras e consumidoras.
Aquí vos deixamos un documento con 10 RAZÓNS para consumir produtos de comercio xusto, e un enlace á COORDINADORA ESTATAL DE COMERCIO XUSTO para saber máis sobre este tema tamén podes ler este documento.
xoves, 11 de maio de 2017
ONDE ATOPARNOS?
Se te esqueces da dirección do noso blog lembra que tes un acceso na páxina web do instituto, pincha no rato laranxa!
Tamén nos botan unha man coa publicidade os nosos compañeiros do Freicorrespondentes, no seu facebook podes atopar tamén información do noso proxecto:
luns, 8 de maio de 2017
ARBITRAXE DE CONSUMO
É posible que algunha vez tiveras algún DESACORDO COA TÚA COMPAÑÍA TELEFÓNICA, pois xunto coas compañías eléctricas son as que máis reclamacións acaparan nas oficinas de consumo españolas, para resolver estes conflitos podes acudir á ARBITRAXE DE CONSUMO, se aínda non tes claro como funciona, aquí che deixamos unha curta onde o explicamos....á nosa maneira...
Se precisas de máis información sobre o PROCEDEMENTO ARBITRAL pincha aquí.
xoves, 4 de maio de 2017
MOBILÍZATE E RECICLA!!!
A próxima semana comezamos unha campaña de recollida de móbiles usados no noso instituto. Seguro que tes unha chea de aparellos vellos tirados nun caixón...Anímate a participar! É por unha boa causa. Aquí vos deixamos o cartel da campaña.
E este é un TRÍPTICO INFORMATIVO onde podedes atopar máis información de interese sobre o tema.
mércores, 19 de abril de 2017
martes, 21 de marzo de 2017
xoves, 16 de marzo de 2017
martes, 7 de marzo de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)