luns, 6 de marzo de 2017

A ENQUISA

Esta foi a enquisa que fixemos no noso centro ao alumnado de 3º e 4º de ESO e a 1º de Bacharelato, un total de 203 alumnos e alumnas contestaron ás nosas preguntas. O noso agradecemento tanto a eles como ao profesorado colaborador.


 Nas seguintes entradas iremos dando a coñecer os resultados das mesmas que, de seguro, vos resultarán interesantes.

martes, 21 de febreiro de 2017

BENVIDA


Benvidos ao blog do Proxecto TIConsumes? dos alumnos de 1º de Bacharelato B. Neste espazo virtual iremos recollendo todo o traballo que vaiamos realizando relacionado coa investigación que estamos a levar a cabo sobre o consumo responsable de novas tecnoloxías (enquisas, novas, artigos, vídeos...)

Esperamos que resulte do voso interese e animámosvos a participar comentando no propio blog ou enviándonos as vosas aportacións ao correo ticonsumes@gmail.com.  

DALLE A ENTER!